No DOG do 30/03/2023 publican:

- Axencia Galega de Emerxencias: RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2023 pola que se aproban as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría 2 do grupo III e na categoría 1 do grupo IV de persoal laboral.

- Axencia Galega de Innovación: ANUNCIO da Resolución do 21 de marzo de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I categoría 4, II categoría 7 e III categoría 2, de persoal laboral fixo.

- Axencia Instituto Enerxético de Galiza: CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de marzo de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas e se require documentación relativa á base 1.2.4, no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II e III.

- Axencia Galega da Calidade Alimentaria: ANUNCIO do 21 de marzo de 2023 polo que se aproban as listas definitivas de admitidos e excluídos na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na praza de persoal laboral fixo incluída no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.

- Axencia Galega da Calidade Alimentaria: ANUNCIO do 21 de marzo de 2023 polo que se aproban as listas definitivas de admitidos e excluídos na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas prazas de persoal laboral fixo incluída no anexo I do Decreto 79/2022, do 25 de maio, polo que se aproba a oferta de emprego público extraordinaria de prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galiza, correspondente ao proceso de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e de prazas de persoal laboral obxecto de funcionarización, de conformidade coa Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza.