No DOG do 04/05/2023 publican:

- RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2023 pola que se convocan catro bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da FGE en Bruxelas (código de procedemento PR770N).

. EXTRACTO da Resolución do 19 de abril de 2023 pola que se convocan catro bolsas de formación, dirixidas a persoas cun título universitario ou cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da FGE en Bruxelas (código de procedemento PR770N).

Esta resolución ten por obxecto convocar tres (3) bolsas de formación dirixidas a persoas cun título universitario e unha (1) bolsa de formación dirixida a persoas cun título de técnico superior de formación profesional, para a realización de prácticas en asuntos relacionados coa Unión Europea na oficina da FGE en Bruxelas.

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente convocatoria no DOG.