No DOG do 19/05/2023 a Fundación Pública Galega para a Tutela de Persoas Adultas publica:

- ANUNCIO do 24 de abril de 2023 polo que se da publicidade á exposición das listaxes provisionais das persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nos grupos I, II, III, categoría 62, e IV de persoal laboral fixo desta fundación (DOG número 248, do 30 de decembro de 2022).

- ANUNCIO do 24 de abril de 2023 polo que se dá publicidade á exposición das listaxes provisionais das persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nos grupos II e III, categoría 62, de persoal laboral fixo desta fundación (DOG número 248, do 30 de decembro de 2022).

En cumprimento do establecido no punto I.4 das bases da convocatoria, anúnciase que na páxina web da Funga (https://www.funga.org) está publicada a Resolución do 24 de abril de 2023, pola que se aproban as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas.