No DOG do 11/12/2023 publican a LEI 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galiza.

Constitúe o obxecto desta lei reforzar o compromiso da Comunidade Autónoma de Galiza coa eliminación da discriminación das mulleres e coa promoción da igualdade entre mulleres e homes, atribuíndolle o máis alto grao de efectividade ao dereito constitucional á igualdade entre as mulleres e os homes no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma, consonte as obrigas impostas aos poderes públicos de Galiza no artigo 4 do Estatuto de autonomía de Galiza.

Conforme o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes supón a prohibición de toda discriminación, directa ou indirecta, por razón de sexo e, especialmente, as derivadas da maternidade, da asunción de obrigas familiares e do estado civil.