No DOG do 09/02/2024 publican a RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2024 pola que se fai público o resultado do sorteo ao que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza.

Conforme o seu resultado, a orde de actuación das persoas aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración da Comunidade Autónoma de Galiza que se deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2024, comezará por aquelas cuxo primeiro apelido comece pola letra «H».