No DOG do 06/05/2025 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2025 pola que se anuncian os actos de conmemoración do Día das Letras Galegas.

No acto conmemorativo poderá participar calquera persoa interesada ata completar a capacidade do local.

Á viaxe cultural terá acceso só o persoal empregado público ao servizo de calquera das administracións públicas de Galiza (ata 50 prazas). No caso de se presentaren máis solicitudes que prazas, terá preferencia o persoal ao servizo da Administración da Xunta de Galiza.

As persoas interesadas en participar no acto deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/).

O prazo estará aberto desde o primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, ata as 23.59 horas do día 12 de maio de 2025.