No DOG do 10/10/2025 o CONSELLO DE CONTAS DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2025 pola que se anuncia a convocatoria das axudas do Fondo de Acción Social para o persoal da institución correspondentes ao exercicio de 2025.

As bases están expostas na intranet e no taboleiro de anuncios da institución, e o prazo de presentación de solicitudes quedará aberto a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, durante quince días hábiles.