Novas por contido

No DOG do 14/11/2025 publican a RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acordan a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarios.

O prazo habilitado para presentar a solicitude de elección de postos de traballo e xustificar a posesión de méritos e requisitos será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, concretamente desde o 17 de novembro de 2025 ao 5 de decembro de 2025.

Durante o prazo indicado no punto primeiro as persoas concursantes poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados no anexo I da resolución de convocatoria, aos que se engaden as potenciais resultas consecuencia das solicitudes de participación presentadas. A relación de postos ofertados en resultas publícase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www. xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/

Outras novas recentes

Mércores, 03 Decembro 2025

O acordo salarial estatal 2025-28 é outro pacto de perdas

A CIG rexeita unha nova rebaixa no poder adquisitivo e denuncia a farsa negociadora da Mesa Xeral Consumouse outro pacto salarial pechado en Madrid que mantén a mesma fórmula de sempre: o persoal público continúa perdendo poder adquisitivo mentres os sindicatos estatais avalan acordos por debaixo do IPC. Nada novo: nin recuperación do perdido, nin garantía salarial, nin...
Venres, 28 Novembro 2025

Persoas excluídas do concurso de corpos xerais por falta de certificado de penais

Todas aquelas persoas que quedaron excluídas de postos con contacto habitual con menores para os que se requiría ter enviado no seu momento un certificado de delitos de natureza sexual e non o fixeron, poderán agora tal e como veñen de publicar na web da Xunta de Galiza,  autorización da consulta no rexistro de delitos sexuais. Tamén publican o buzón de postos actualizado e...
Xoves, 27 Novembro 2025

RPT da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (para MSF 01/12/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou unha Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o luns 1 de decembro, co seguinte punto da orde do día: - Proposta de modificación da relación de postos de traballo (RPT) da consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático Se é do teu interese, podes descargar a documentación.