No DOG do 03/06/2026 a Fundación Galiza Europa publica:

- RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2026 pola que se convocan dúas bolsas de formación dirixidas a persoas cun título universitario oficial de grao ou equivalente en Dereito para facilitar a especialización en políticas e dereito da Unión Europea, mediante a realización de prácticas en asuntos comunitarios na oficina da FGE en Bruxelas, Bolsas Galiza Europa (código de procedemento PR770Q).

- EXTRACTO da Resolución do 1 de xuño de 2026 pola que se convocan dúas bolsas de formación dirixidas a persoas cun título universitario oficial de grao ou equivalente en Dereito para facilitar a especialización en políticas e dereito da Unión Europea, mediante a realización de prácticas en asuntos comunitarios na oficina da FGE en Bruxelas, Bolsas Galiza Europa (código de procedemento PR770Q).

O importe total da bolsa distribuirase da seguinte maneira:

– Retribución bruta (pagamento a cada persoa bolseira): 16.500,00 €.

– Axuda de desprazamento para gastos de viaxe (pagamento a cada persoa bolseira): 500 €.

– Seguridade Social: 722,37 € (por cada persoa bolseira).

– Seguro adicional de cobertura sanitaria en Bélxica: 99,19 €.

O prazo de presentación de solicitudes e da documentación complementaria será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galiza.