No DOG do 26/11/2026 publican o DECRETO 145/2026, do 2 de novembro, polo que se modifica o Decreto 123/2021, do 2 de setembro, polo que se regula o Marco galego de competencias dixitais e a certificación galega en competencias dixitais.
Transcorridos cinco anos desde a súa entrada en vigor, procede modificar o decreto para simplificar algunhas disposicións da norma anterior e eliminar redundancias con outros textos legais na procura dunha maior claridade, dunha maior eficacia na xestión administrativa dos proxectos e dunha maior seguridade xurídica.