Con isto da devolución da paga extra de 2013, o sindicato do PP nos acusa de querer facer caixa.
Non sabemos como, pois os contenciosos gañados pola CIG foron feitos polos nosos servizos xurídicos entre delegados/as e afiliados/as que voluntariamente aceptaron iniciar este proceso no seu ámbito de cara a conseguir o suficiente número de sentenzas como para solicitar a extensión de sentenza a todo o persoal da Xunta.
Supoñen un custo para os servizos xurídicos do sindicato e son gratuítos para todos os que o presentaron.

E a idea, finalmente conseguida é que ao non haber posibilidade de conflito colectivo no persoal funcionario, forzar á Xunta a que pagase o que debía ou a ter que proceder a unha execución de sentenza. De feito a CIG non fixo  campaña ningunha, excepto para anunciar que íamos gañando sentenzas consecutivas.
Unha vez que conseguimos que a Xunta teña que pagar, os que a estiveron pasmando, vítimas do seu complexo sindical de Edipo, anuncian que gracias a un acordo asinado por eles imos cobrar e que a CIG quere facer caixa.
Menos bilis e máis traballar