A CIG amosa o seu apoio e chama a secundar a concentración convocada polos distintos colectivos audiovisuais galegos para este mércores, 13 de xullo, ás 20 horas, en contra do desmantelamento do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI). A protesta terá lugar na Coruña,diante do edificio do CGAI, na Rúa Durán Loriga, 10.     

A central sindical rexeita a proposta de RPT formulada pola Xunta de Galiza, que implica a desaparición de 3 postos de traballo e o despedimento do traballador que ocupa una das dúas prazas de proxeccionista, ao tempo que esixe o mantemento deste servizo público e a dotación de persoal necesario. Así o trasladou a CIG nas diferentes mesas de negociacón e comisión de persoal nas que se tratou este novo recorte de servizos públicos.

O CGAI é o único organismo galego adscrito á Federación Internacional de Arquivos Fílmicos e, logo de 25 anos de vida, converteuse nun centro de referencia non só no ámbito estatal senón tamén europeo.  A súa desaparición ou confinamento a un mero organismo decorativo constitúe unha grave amenaza para a memoria histórica de Galiza.

Dende a CIG denunciamos esta destrucción de emprego público por parte do Goberno de Feijoó que conduce ao desmantelamento do CGAI (50% de despidos na área de proxección e 40% menos das plazas coas que contaba o centro) e que, previsiblemente, deixará de cubrir un servizo público tan básico como necesario, que é o defender e velar pola defensa da cultura e do sector audiovisual galego.

http://aaag.gal/novas/209/concentracion-desmantelamento-cgai