Despois das xestións realizadas coa Consellería de Medio Rural para os efectos de que os/as integrantes das listas de persoal contraincendios penalizados/as podan presentarse para superar as correspondentes probas físicas e visuais, tómase o acordo de que Función Pública remitirá á Consellería unha listaxe cos admitidos en xestión daquelas categorías que teñan que superar ditas probas, na que se incluirán as persoas penalizadas en listas dende o 15 de xullo de 2015, as cales poderán efectuar as citadas probas. Deste xeito, unha vez finalizado o período de penalización, aqueles/as que superen as probas poderán ser chamados para traballar sen ter que esperar á seguinte convocatoria de probas.

Acordo sobre a posibilidade de optar a un posto vacante por mellora por parte das persoas que ocupen prazas vacantes en entes. Refírese a aquelas persoas, integrantes das listas de contratación da Xunta, que son chamadas para outros entes e que poden aceptar de xeito voluntario (non penalizan si o rexeitan) pero non puntúan para as listas da Xunta. Na comisión do 21 de febreito tratamos ese tema e a Administración quedou en pasarnos unha redacción. Na comisión do pasado 21 de marzo, en cumprimento dese acordo, o secretario da Comisión propuxo unha redacción para o acordo, que se aprobou por unanimidade dos presentes, decidíndose a súa publicación no portal web da Xunta, e que queda do seguinte xeito:

 " A cobertura dun posto de traballo vacante e con destino nun ente instrumental, de aceptación voluntaria para os/as candidatos/as, non implicará para a persoa seleccionada a perda de opcón da mellora recollida no artigo 15 do Decreto 37/2006, modificado polo Decreto 124/20162.

Podes consultar todos os acordos tomados pola Comisión Permanente no web de Función Pública.