O día 18 de febreiro tivemos unha xuntanza coa Consellaría de Traballo polas oficinas de emprego (PRODI). A Consellaría infórmanos de que Administración Xeral do Estado concedeulle unha subvención por unha cantidade de 73.000 € para o reparto de produtividade entre os/as traballadores/as das Oficinas de Emprego pola maior carga de traballo entre o día 16 de agosto de 2009 e o 31 de decembro de 2009 por mor do aumento do plan PRODI.

Esta cantidade e o concepto veñen marcados polo Estado polo que non se poden cambiar, o único que se ten que negociar é si é lineal para todos/as os/as traballadores/as das oficinas de emprego.


A C.I.G. manifesta que non aceptamos que sexa por productividade o concepto polo que se reparta este diñeiro, pero que en todo caso ten que ser de xeito lineal, o que daría unha cantidade de 126.96€ por traballador/a.

A Consellaría manifesta que non existe outro concepto que non sexa produtividade para poder pagalo e aceptan que sexa lineal.
Os demáis sindicatos aceptan o reparto nestes términos.

A C.I.G. insiste no concepto de productividade e solicita tamén que se abra unha negociación da RPT que ficou pendente desde as eleccións autonómicas.