Xa está aberto o prazo para solicitar os cursos que a CIG-Administración Pública organiza na comarca de Compostela. O departamento de Formación da CIG  (forGA) elabora, ao abeiro do actual Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas, diferentes accións formativas dirixidas a este colectivo de traballadores/as en activo. Todos os cursos son de carácter gratuíto e terán lugar nos locais de forGA Compostela (Milladoiro-Ames),  de luns a venres. As accións formativas comezarán no mes de abril e a súa programación estenderase ata decembro. Podedes atopar a listaxe de cursos na seguinte ligazón.

Este ano, como novidade, a solicitude dos cursos farase a través da plataforma web http://forga.info/ para o cal é preciso darse de alta como usuaria/o.  Este proceso é rápido e sinxelo e facilita a solicitude de varios cursos sen necesidade de volver a introducir de novo os datos. A maiores, non é necesario presentar ningún tipo de documentación ata o momento en que se comunique a admisión vía telefónica ou correo electrónico. Nesta plataforma podedes atopar tamén a numerosa  e actualizada oferta de cursos de todos os sectores e comarcas, así como a oferta intersectorial e de teleformación que está aberta a todas as traballadoras e traballadores en activo.

Descargar o Boletín da oferta formativa completa de forGA 2010