CIG E UGT APROBARON O VENRES DÍA 18 DE XUÑO NO COMITÉ INTERCENTROS UNHA MODIFICACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO DESPOIS DE CHEGAR A UN ACORDO COA ADMINISTRACIÓN

COMUNICADO CONXUNTO CIG E UGT

As organizacións sindicais CIG e UGT, asinantes do V Convenio Colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, levamos tempo presionando á Administración co fin de resolver o conflicto creado por CCOO cando un ano despois da sinatura do Convenio o denuncia alegando que non os deixaban negociar, o cal se demostrou como unha das maiores falacias que tivera un sindicato de clase, dado que constan na acta da negociación das bases do grupo V como negociadores. Esta é a causa do retraso de 6 meses no concurso.

UGT e CIG asumen o novo texto do convenio e renuncian a preitear nos xulgados en aras de poder satisfacer os lexítimos dereitos das traballadoras e traballadores, seguir adiante co concurso de traslados e resolver a toma de posesión da OPE do 2005.

Hai que ter en conta que coa anulación do convenio  promovida por CCOO non só quedou en suspenso o concurso de traslados senón tamén a negociación das bases do proceso de consolidación e de estabilización regulamentados na disposición transitoria décima. Non sabemos pois a quen beneficiou todo isto nin que escuros intereses cumpriu pero si sabemos a quen prexudicou:

A todo o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Descargar a proposta de modificación do Convenio