25 anos para o cálculo da pensión fronte aos 15 actuais. Ese é o "gran" acordo que hoxe nos venden CCOO e UGT. Pois ben, se a pensión media actual en Galicia é de 728,24€, con este novo cálculo quedaría en 655,45€. Cobrar menos e a cambio traballar máis: 2 anos máis, a non ser que comezarás a traballar aos 26,5 anos e así seguiras de xeito initerrumpido, entón sí, poderás xubilarte aos 65.

Para a CIG a motivación do "desequilibrio financieiro" é tendenciosa e as persoas que queiran ver todas as dimensións do asunto poden rebuscar por internet e atoparan documentos tan aclaradores como iste. Para nós o "isto é o que hai" non vale cando se trata de que a clase traballadora leve sempre a peor parte. Para a CIG realmente as traballadoras e traballadores son o primeiro.

Coñece o acordo asinado polo miúdo

Acudiches á folga?: Solicítalle á túa consellaría que destine as deduccións para o fondo de desemprego.