Achéganos a Administración a convocatoria dunha xuntanza previa á Comisión de Persoal para o vindeiro luns. Ademais dos puntos do día da anterior Mesa Xeral, sorprendentemente meten dous máis: as convocatorias de corpos xerais da OPE 2009 e o borrador dos estatutos da Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica.

Do primeiro congratulámonos que por fin vaia para adiante, pero intentar liquidar a fase negociadora dunha axencia en 15min. antes de pasala por unha Comisión de Persoal parécenos unha burla do concepto de "negociación colectiva".

Esta é a orde do día completa:

  • Rpts. Veterinarios

  • Proposta das bases do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios concurso de traslado veterinarios.

  • Proposta das bases pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

  • Proposta das bases pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso  no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión e sistemas de información.

  • Proposta das bases pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no cropo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

  • Modificación Rpt Augas de Galicia.

  • Convocatorias dos procesos A1/A2/C2, acceso libre OPE 2009

  • Proxecto decreto Axencia Modernización Tecnolóxica.