Na Mesa Xeral do 29 de xullo, e tras ser retirada a RPT de Traballo e Benestar, quedou como único da orde do día a modificación da RPT Santiago Apostol. Un proxecto que define pola desaparición deste centro de atención especializada e a creación do almacén de persoas discapacitadas C.A.P.D. Coruña.

Desde a CIG criticamos moi duramente  que se peche un centro referente na comarca educativa e socialmente e se cree un almacén de discapacitados amortizando as prazas de persoal educativo (8 prazas de educadores). Este tipo de política social desenvolvida pola Consellaría de Traballo e Benestar vai na liña de hai moitos anos atrás na que había reformatorios, asilos, colexios de subnormales, e coma neste caso, almacens de desfavorecidos. Tamén criticamos a ausencia da secretaria xeral Cristina Ortiz, que non considera de suficiente importancia este asunto.

Para a Administración esta Mesa foi un puro trámite burocrático, pois non se atendeu nin unha soa das multiples alegacións por parte da CIG e dos outros sindicatos, polo que a conclusión é que non merece a pena asistir a estas parafernarias, Compre recordar que ainda non se entregaron as copias das actas das reunións previas de “negociación” co comité de empresa e sindicatos, negociación que non existiu, pois dende un primeiro momento foi unha imposición sen vontade negociadora.

Tamén denunciamos que, pola contra, se crean un feixe de LD´S para enchufar ós amigos e non para poñer neses postos a persoas cualificadas.

Pola conselleria, e en resposta ás alegacións pola parte sindical, eludindo explicacións concretas,  limitase a dicir que xa se ten falado de todo isto pero que entenden que os sindicatos non esteñan de acordo con este cambio. Tamén indican que se dirimirá todo o que haxa que dirimir onde faga falla. Por outra banda, deixan entrever que haberá máis modificacións ("irase modificando a RPT segundo faga falla"). Cara a Setembro-Outubro haberá máis reunións.

Trala intervención da consellaría, desde a CIG criticamos que:

  • Non se exponen argumentos a todas as alegacións presentadas.

  • No Souto de Leixa de Ferrol se lles permite ter discapacitados de todos os graos e nunca se escoitou por parte da conselleria porqué o CAPD Coruña non.

  • Se aproben LD´S sen acordos cos sindicatos.


Por último, poñemos de manifesto que se cometeu un grave erro por parte da Administración ao comunicar a modificación sustancial das condicions do traballo dos/as traballadores/as do C.A.E.E. SANTIAGO APOSTOL, pois nesa comunicación se establece un prazo de dous meses para recurrir contra ela cando a lei dí que son 20 días, e que agora as/os traballadores/as están de vacacións e non hai maneira de comunicarllo.

Descarga as alegacións presentadas pola CIG