No DOG de hoxe 18/08/2011 publícanse os tres Regulamentos orgánicos de centro (ROC) contra os que a CIG-Autonómica tiña advertido á Consellería de Educación e O.U., por incidiren nas condicións de traballo do persoal laboral e funcionario da Administración xeral sen negocialos nos foros de negociación correspondentes.

Finalmente, atendendo o requirimento da CIG-Autonómica, a C. de Educación retirou do texto final das tres disposicións as referencias ao horario do persoal laboral e funcionario da Administración xeral que aparecían nas propostas (o borrador de artigo 12 da proposta de ROC de Conservatorios de Música, o borrador de artigo 13 da proposta de ROC das EOI e o borrador do artigo 18 do ROC das Escolas de arte e deseño).

Desde a CIG-Autonómica, seguiremos vixiantes ante calquera incumprimento por parte da C. de Educación da normativa vixente en menoscabo dos dereitos e intereses lexítimos dos traballadores dos centros de ensino, e lembrámoslle á Administración que calquera disposición normativa que afecte a persoal laboral e funcionario da Administración xeral deberá ser negociada nas mesas na que están representados estes traballadores, e non na mesa sectorial de persoal docente.

Consultar os ROC publicados no DOG de 18/08/2011