Decaeu da orde do día, tal e como se anunciara o venres, o punto sobre a modificación da RPT de Traballo e Benestar. Tamén retiraron a aprobación das actas pendentes, dados os erros e defectos que presentaban as enviadas, pospoñendo a súa aprobación para o vindeiro venres.

Así só quedou na orde do día a modificación de RPT da Consellaría de Educación, é dicir, a proposta de amortización de 12 postos que permitirán (segundo os responsables da Consellaría), nun futuro inmediato e tras a publicación dunha reforma do decreto que establece a estrutura da Consellaría, a creación de 6 servizos.
A CIG manifestou o seu radical desacordo coa proposta de modificacion que  contén aspectos que xa denunciamos na reunion previa coa Consellaria de Educacion o pasado venres pero que sobre todo afonda na liña de:

  • Recortar a dotacion dos centros de ensino e as prestacións dun servizo publico de calidade.
  • Recortar a capacidade de contratación da Administración autonómica colaborando, xa que logo, coa xeración de desempregados en todo o país.


Doutro lado, queda claro que a Xunta está a convertir o proceso negociador nun acto meramente tramital ou ritual, non permitindo espacio ningún para a negociación real e atentando gravemente contra o principio da boa fe negocial. Son eles que convocan os organismos, quen establecen as ordes do día unilateralmente e o fan coa única finalidade de dar por cumprida a negociacion preceptiva para algúns procedementos.