Este 3 de novembro a CIG-Autonómica e Saúde Laboral da CIG, xuntámonos co  Xefe Territorial da Consellería de Medio Rural, para denunciar a grave situación das oficinas agrarias comarcais de Xinzo e Celanova co fin de buscar unha solución inmediata. Estas OAC, hoxe teñen problemas de accesibilidade, espazo, seguridade, salubridade para os traballadores e traballadoras así como para os usuarios. Dende esta organización sindical temos solicitado de xeito reiterado a Avaliación de Prevención de Riscos Laborais e a aplicación do  Plan de Acción. A súa situación (pisos) fai que sexa imposible a súa adaptación polo que propomos o seu cambio.

 

  • OAC de XINZO: A Xunta nos di que esta a buscar un local para permutar cun terreo da súa propiedade, aquí se vai a integrar tamén a oficina comarcal do Distrito XV.
  • OAC de CELANOVA: Tamén se esta a buscar un novo local porque plantea que non serve o que fixo a Xunta anterior goberno no centro da Vila,  e onde as obras xa están rematadas. Os problemas que se alegan son a accesibilidade dos usuarios/as, a necesidade dunha reestruturación interna e que é de uso compartido. Logo están traballando aquí tamén na permuta e adquisición dunha nova oficina.

Nos dous casos dende a CIG demandamos que sexan locais útiles e axeitados e para elo propomos a súa avaliación previa tamén dende a perspectiva dos riscos laborais e a participación dos traballadores/as.

En decembro, coas palabras textuais “antes de final de año” do Xefe Territorial, vamos ter os novos locais para as OAC. Esperamos con forza que sexa un feito e non unha promesa.

COA CIG NA LOITA E DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS!!!