Ao entender da Consellería de Facenda, formar os tribunais de oposicións con persoal nomeado a dedo e cuxa continuidade no posto de traballo depende de criterios de confianza política é a mellor garantía de imparcialidade e de que non se reproduzan os escándalos de filtracións ou tratos de favor. Isto é o que se desprende dos nomeamentos de tribunais titulares e suplentes para tres procesos selectivos publicados no DOG de 23/11/2011:

No tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos

- O subdirector xeral de Planificación e Programación (CMATI)

- A xefa do Servizo de Apoio Técnico (CMATI)

- O subdirector xeral de Ordenación do Transporte (CMATI)

- O xefe do Servizo Territorial da Oficina de Augas de Galicia de Lugo (CMATI)

- O subdirector xeral de Estradas (CMATI)

- O vicesecretario xeral da CMATI 

- O xefe do Servizo Territorial da Oficina de Augas de Galicia de Ourense (CMATI)

No tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas:

- O subdirector xeral de Programación e Proxectos (CMATI)

- A xefa do Servizo de Xestión Orzamentaria (CMATI)

- O xefe do Servizo de Persoal e Réxime Interior de Augas de Galicia (CMATI)

No tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1:

- O subdirector xeral de Centros da Consellería de Educación e O.U.

- O subdirector xeral de Gardacostas da Consellería do Mar

- A xefa do Servizo de Cooperación Xurídica e Pacto Local da Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza.

En resumo: tribunais de oposicións saturados de subdirectores xerais, xefes de servizo e mesmo vicesecretarios xerais, nalgún caso até extremos tales que o tribunal semella un órgano máis dunha consellería concreta, como é o caso do A1-Escala de enxeñeiros de camiños, copado por persoal de libre designación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI). 

Desde a CIG-Autonómica, continuaremos a manifestar o noso desacordo co actual criterio de designación política dos tribunais de oposicións que van avaliar o acceso ao emprego público ou a promoción interna cunha independencia cando menos cuestionable, ao estaren nomeados a dedo pola Administración.

Nota remitida aos medios