O Goberno bipartido vasco vén de sumarse á nova onda de recortes salariais para os empregados públicos iniciada por CiU na Generalitat dous días depois das eleccións xerais do 20N.

Segundo as informacións achegadas polo Goberno vasco á prensa, a proposta de recortes ao persoal da Administración vasca reducirá o gasto en 100 millóns de euros, a través de medidas como a non cobertura de vacantes e a suspensión de primas xubilación voluntaria, dos contratos de relevo e da prórroga do servizo activo activo a partir dos 65 anos.

Ademáis, o Goberno vasco propón eliminar o complemento de Incapacidade Transitoria (IT) do 100% en caso de baixa. Isto significa que o persoal da Administración vasca deixará de percibir as retribucións íntegras ao estar de baixa, agás en caso de accidente laboral, o que vén a ser unha maneira ben pouco subtil de colocar no disparadeiro da opinión pública aos empregados públicos  e aos traballadores vascos en xeral, retratando as baixas laborais como parte do problema que se debe solucionar para saír da crise.

No caso da Xunta, mentres sexa vigorante o V Convenio, esa medida só se lle podería aplicar plenamente aos persoal funcionario pero non ao persoal laboral:

Art. 30 do V Convenio: "Incapacidades temporais. En caso de baixa por IT ou situación de durante o embarazo, a Xunta de Galicia, a través consellería correspondente, incrementará o subsidio económico da Seguridade Social ata acadar a igual á base de cotización do traballador do anterior a aquel en que se produza a baixa.[...]"

Outra medida anunciada polo Goberno vasco é a suspensión do devengo de complementos de carreira profesional (p. ex. sexenios do profesorado) para o persoal de Sanidade, Educación, Interior e Xustiza.  Segundo se relata na prensa, a suspensión do devengo dos complementos de carreira profesional (p. ex. sexenios dos mestres) aplicaríase de maneira asimétrica para desunir aos traballadores: os máis antigos manterían integramente a percepción dos sexenios xa devengados, mentres que os novos ficarían sen esa parte das retribución ao non ter os complementos devengados.


Fonte: Público