Na vindeira Comisión de Persoal Extraordinaria, ademais dos temas tratados na última Mesa Xeral Extraordinaria, irá o proxecto de orde que regula a notificación de recepción de haberes por medios electrónicos.

Xa eran moitas as persoas que tiñan activado este sistema que substituía a clásica nómina en papel. Porén, e consonte co Decreto 198/2010, de desenvolvemento da administración electrónica na Xunta de Galicia, establecese o carácter obrigatorio de recepción do certificado de haberes por medios electrónicos.  Esta medida afectará a todo o persoal ao servizo da Administración xeral, así como o das entidades do sector público.

Porén, estableceranse excepcións sobre  aquelas persoas que xustifiquen a imposibilidade de ter acceso a sistemas electrónicos. Nos casos en que esta imposibilidade estea suficientemente acreditada, este persoal continuará recibindo en papel a notificación da percepción de haberes.

Esta orde entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2012.