Os sindicatos cualifícana como "a maior folga nunha xeración", mentres o primeiro ministro conservador, David Cameron, tíldaa de "fracaso".

Isto non o veremos na maioría dos xornais de aquí: http://www.bbc.co.uk/news/uk-15953806

Entre os efectos da folga segundo a BBC:

  • Pecharon o 62% dos centros de ensino públicos.
  • Canceláronse millares de citas médicas e suspendéronse unhas 7000 intervencións cirúrxicas.
  • Secundaron a folga un terzo dos empregados das corporacións locais.
  • Non houbo servizos de tren nin de autobús en toda Irlanda do Norte.