Cigrede é a plataforma telemática a través da que a CIG realiza os seus cursos de teleformación. A maioría destes están relacionados coa ofimática, as novas tecnoloxías e o mundo dixital, pero tamén se ofertan outros cursos de contido transversal como o básico de Prevención de Riscos Laborais. Para o curso 2009-2010 cóntase cun total de 17 cursos:

Autocad 2D-3D
(270h)
Access
(65h)
Contabilidade Básica (70h)
Contaplus elite 2009 (60h)
Deseño de páxinas web (70h)
Microsoft Excel
(65h)
Formador de Teleformadores
(270h)
Fotografía dixital (70h)
Inglés Básico
(100h)
Inglés Empresarial 2009 (70h)
Microstation 2D e 3D (270h)
Os Blogs como ferramentas (70h)Presentacións dixitais (70h)
Prevención de riscos (55h)
Microsoft Word
(65h)
Resolución de conflictos (70h)
Photoshop 2009
(70h)




Os cursos actualmente ofertados están incluidos nos Contratos Programa da Consellería de Traballo e son totalmente gratuítos. Están dirixidos tanto a traballadores en activo da nosa Comunidade (cunha reserva dun 10% para persoal das AA.PP.) como a persoas desempregadas. Dentro de cada curso iránse creando diferentes grupos, cada un deles cunhas datas de execución concretas dentro das de inicio e fin do propio curso, que lle son comunicadas á persoa preinscrita no caso de ser seleccionada para participar. Actualmente todos os cursos se atopan en período de matricula ata o 31/05/2010 e os primeiros grupos comezarán o 30/10/2009.