Co fin de completar a petición de citas por teléfono, e buscando axilizar as xestións da renda, se es afiliado ou afiliada da central sindical, xa podes empregar a Oficina Virtual aloxada no web da Confederación para solicitar a túa cita telematicamente por medio dun formulario en liña, e recibir o asesoramento que a CIG pon á túa disposición.

Procedemento:

  1. Cubre e envía o formulario cos teus datos (é preciso ser afliado/a da CIG)
  2. Prepara a documentación solicitada
  3. Un asesor ou asesora da central sindical contactará contigo se é preciso para completar o trámite

Dende a Confederación iranse realizando as declaracións por teléfono e/ou internet, priorizando as declaracións que son sinxelas. No caso de persistir o confinamento, coordinarase coa afiliación que teña que facer declaracións complexas para, se fora estritamente necesario, acudir ao local de forma escalonada e controlando o aforo.