Polo tanto esta suposta mellora só vai ser aplicada a menos da metade das persoas que din UGT, CCOO e Feijoo.

2. A carreira profesional implica unha suba de 800,12 euros para todo o persoal. FALSO.

Para o ano 2019 o importe que se vai cobrar por grupos é o seguinte: 

Ano 2019. Importes brutos
  Anual Mensual
Subgrupo A1 800,12 66,68
Subgrupo A2 559,92 46,66
Subgrupo C1 541,68 45,14
Subgrupo C2 459,72 38,31
Agrup.Prof. 371,52 30,96

 

Os 800,12 euros brutos anuais non son polo tanto nin o que vai cobrar o persoal nin a media. É o que vai cobrar o persoal do subgrupo A1. E se comparamos co modelo de carreira profesional do SERGAS podemos observar que as contías son a metade.

Non podemos admitir un modelo de carreira profesional que como mínimo non sexa como o do SERGAS, tanto en retribucións como no referido ao ambito do persoal que abrangue, xa que no SERGAS se aplica a todo o persoal estatutario, funcionario e laboral, de carreira, fixo, interino, temporal e indefinido. E especialmente rexeitamos as mentiras dos asinantes do pacto da vergoña para vender ese acordo.