Comunícanos o director xeral de Función Pública que en breve terá lugar o sorteo público no que se determinará a orde de actuación dos aspirantes nos procesos selectivos que se deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2012 (sí, liches ben).

Esta nova pasaría sen pena nen gloria calquera outro ano pero tendo en conta as medidas anunciadas no Real Decreto Lei de medidas urxentes, resulta un tanto contradictorio. Ben é certo que o director xa nos comentou en reiteradas ocasións a súa preferencia persoal dunha pequena oferta que nada. Non sabemos se o director ten especial interese no negocio das academias ou simplemente en encher páxinas dos xornais.  En calquera caso, instámoslle a que aclare a interpretación que vai facer a Administración autonómica do citado decreto no senso da OPE 2012.