A semana pasada o director xeral da Función Pública volveu prometer por enésima vez un cronograma coa previsión dos procesos selectivos pendentes para esta semana que remata e, por enésima vez, seguimos sen el.

Cómpre facer distinción en canto aos procesos selectivos pendentes entre: 1) os que están en curso e 2) os que aínda están sen convocar. Este últimos son os que resulta máis difícil de establecer un cronograma polas limitacións orzamentaria que se impoñen desde Facenda. Desde Función Pública informan que hoxe houbo unha reunión do director xeral coa conselleira de Facenda, polo que pode que para a semana haxa novidades a este respecto.

Con relación aos procesos que están en curso, non vai haber un cronograma "sensu stricto" mais desde Función Pública si nos deron unhas pequenas pinceladas de estimacións temporais:

  • Procesos selectivos rematados (3): non se producirá ningún movemento durante o mes de agosto; en setembro se retormarán para a correspondentes eleccións de destino e tomas de posesión.

  • Publicación de notas pendentes: a seguinte semana (30 xullo ao 3 de agosto) publicaranse todas as notas de exames realizados que aínda non foron publicadas.

  • Resto de procesos en curso: coa "inhabilidade" do mes de agosto seguirán os tempos habituais poñendo desde Función Pública coma estimacións os tempos máximos que estabelecen as propias convocatorias.

Desde a CIG-Autonómica seguimos insistinto que as persoas aspirantes dos procesos selectivos teñen dereito a coñecer con previsión e exactitude, como así o fan noutras Administracións, os prazos de desenvolvemento dos diferentes procesos de cara a poder conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral.