No DOG do xoves 20 de setembro publícanse as resolucións das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo do grupo IV categoría 31 (LEGOEIRO/A), tanto por promoción interna como por acceso libre.

Desde o día seguinte ao desta publicación, as persoas aspirantes teñen 20 días naturais de prazo para presentar a seguinte documentación:


a-    Fotocopia compulsada do título de graduado en educación secundaria ou equivalente.
b-    Fotocopia compulsada do permiso de conducir B.
c-    Declaración xurada ( modelo no DOG de 3-1-11).
d-    Certificado médico oficial.
e-    No seu caso, xustificación da discapacidade.

Na promoción interna non necesitan todo o anterior pero deben presentar certificación da súa consellería da condición de laboral fixo co nº e importe dos trienios e data de cumprimento.

Mais información nos locais da CIG