Comunícanos a Dirección Xeral de Función Pública que unha das aspirantes que figuraba na relación de aprobados dese proceso selectivo renunciou. Isto conleva que haberá que aceptar, con publicación no DOG, a súa renuncia e a publicación dunha nova persoa aprobada, que tamén terá un prazo de 20 días para presentar a documentación. Isto conlevará un inevitable atraso na convocatoria para a elección de destino e, polo tanto, tamén para a toma de posesión.