No DOG do 30 de xuño publicouse a convocatoria de proceso selectivo para a promoción á Escala de Axentes Facultativos Ambientais da Administración da Xunta de Galiza dos funcionarios e funcionarias do Corpo de Auxiliares Técnicos, Escala de Axentes Forestais.

As solicitudes están a disposición de todos/as que desexen participar no proceso na páxina web da Xunta de Galiza (www.xunta.es), premendo a icona Empregarse procesos de ingreso, habendo dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da FNMT (Fábrica Nacional da Moeda e Timbre) ou DNI electrónico.

Documentación a presentar: Xunto coa solicitude, documento de pagamento dos dereitos de exame, na cantidade de 30,56 €.

Prazo para presentación solicitudes: 20 días naturais. Remata o 20 de Xullo de 2009.

Pagamento de taxas: Estarán exentos do pagamento das taxas as persoas con minusvaía igual ou superior ao 33%, e persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoria especial. No caso da categoria xeral terá unha bonificación do 50%. O pago das citadas taxas poderá facerse dos seguintes xeitos:

  • Sen certificado dixital. Imprimindo o documento de pagamento unha vez que está cuberto e logo realizar o ingreso en calquera entidade financeira colaboradora.
  • Con certificado dixital. Poderáse realizar o pagamento con cargo á conta do titular do certificado dende a opción de pago telemático, obtendo nese intre o xustificante correspondente.