O Partido Popular, nunha nova demostración de utilización partidista da Administración Pública, pretende utilizar ao persoal do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal con fins eleitoriais.

Nunha xuntanza mantida cos responsábeis do Servizo en Compostela, se lles esixe que durante a campaña electoral, e dicir, antes do día 17 de outubro, se resolvan 500 expediente en Coruña, 200 en Ourense, 400 en Lugo e 400 en Pontevedra (iso sí, unicamente expedientes de persoas que vivan no Rural !!!), para que a resolución de concesión da axuda chegue aos destinatarios o día 20 de Outubro, DÍA DE REFLEXIÓN. Pretendendo incluso que os/as Compañeiros/as do Servizo vaian a traballar polas tardes.

Neste momento en que aos Concellos se lles recortou ata un 75% as achegas para programas de Axuda a Domicilio, e algunha Mancomunidade incluso non pode pagar o salario dos/as seus traballadores/as, en plena campaña electoral aparece o diñeiro para FACER CAMPAÑA AO PARTIDO POPULAR.

*Nota remitida aos medios