Comunícannos desde Función Pública que detectaron un erro material na listaxe de postos correspondente á elección de destino das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo C2 libre da OPE 2009.

Dentro das prazas remitidas para alegacións figuraba erroneamente, co número de orde 42, un posto da D.X. de Xustiza co código PRC030000015770012 que non resultou sobrante do concurso de traslados. O erro foi debido a que o código deste posto coincide exactamente co código antigo doutra praza da Consellería de Facenda, que ten actualmente o FCC080000015770012 e que non está vacante.

Proceden polo tanto a eliminar a praza 42 da listaxe de vacantes.