Comunícanos Función Pública que en breve vaise celebrar a elección de destino das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñería técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG 28/07/2011)

Achéganos os que ofertarán para a dita elección de destino e dan un prazo para facer alegacións até o 16 de novembro. Descargar listaxe de postos. Engaden á listaxe o posto con código MA.X99.10.000.32001.019 (ver ler máis)

NOTA: Comentan desde a dirección xeral que está preparando varios procesos para facelos seguramente xuntos: C2, A2 informática e ETOPs.

Con data do 15 de novembro comunicanos Función Pública que a praza con código MA.X99.10.000.32001.019 incluirase tamén no listado das prazas para esta elección de destino. Esta praza quedou vacante por xubilacion no mes de outubro, e está incluída no concurso que se vai a convocar para os corpos especiais, polo que consideran que debe ser ofertada.