Achéganos a Administración a a listaxe de postos que van ofertar para o acto de elección de destino das persoas que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG 26/07/2012). Este era un dos proceso que xa levaba finalizado un bo cacho sen que se convocase o acto de elección de destino, motivo polo cal  a CIG preguntara vai unhas semanas.

Dannos de prazo até o venres, 18 de xaneiro, para facer alegacións. Porén, a experiencia nos di que non é probable que se realicen grandes cambios a non ser algunha achega de última hora das consellarías que iría na liña de retirar algunha praza por "vindeira amortización".

Con data 18/01/2011, Función Pública achega as seguintes modificacións:

  • A praza núm. 32 con código TRC991000032001512 tivo un erro material ao transcribir o código e debe ser sustituíla pola TRC991000032001513.

  • A praza núm. 15 con código de posto SAC991000032001011 retírana porque a deixan sen dotación.

Descargar listaxe