Consecuencia da teima do PP contra da lingua de Galiza, o luns 13 de xuño vai á Comisión de Persoal a modificación das bases dunha chea de procesos selectivos para os que, por mor da eliminación da obrigatoriedade de entender un test redactado en galego, reabren o prazo para solicitar participar nos procesos selectivos. Noraboa a quenes se lles pasou o prazo de matricula, e para os demais, toca estudar mais, que haberá mais competencia. Estes son os procesos afectados pola Comisión de Persoal:

  • corpo superior da administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1
  • corpo de xestión da administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2
  • corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1
  • corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2
  • consolidación de emprego para o ingreso no corpo superior da administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1
  • consolidación de emprego para o ingreso no corpo de xestión da administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2
  • consolidación de emprego para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1
  • consolidación de emprego para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2
  • corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos
  • corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos
  • corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección de consumo
  • corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de información
  • corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala técnica de auxiliar de informática
  • corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de inspección turística


Coa modificación e apertura de novo prazo, terán que publicar nova relación provisional de admitidos/as e excluidos/as, prazo de subsanación de defectos, e relación definitiva. A CIG non se atreve a imaxinar para cando serán os exámes.

Parabéns para o CSIF, Galicia Bilingüe, PP, Rosa Diaz, Falange Auténtica e demais, que finalmente conseguiron que os empregados públicos da administración galega non teñen que demostrar que entenden un texto en galego.