Convocatoria de proceso selectivo para o ingreso no Corpo Superior da Administración da Xunta de Galiza, subgrupo A1, escala de letrados, quendas acceso libre e promoción interna, mediante o procedemento de oposición (DOG nº 138 do Xoves 16 de Xullo de 2009), da Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2008.

Prazas: 11 (6 pola quenda de acceso libre ; 4 por promoción interna e 1 para discapacitados).

Solicitudes: Están a disposición de todos/as que desexen participar no proceso na páxina web da Xunta de Galiza (www.xunta.es), premendo a icona “Empregarse procesos de ingreso”, habendo dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da FNMT (Fábrica Nacional da Moeda e Timbre) ou DNI electrónico.

Documentación a presentar: Xunto coa solicitude, documento de pagamento dos dereitos de exame, na cantidade de 40,74 €.

Prazo presentación solicitudes: 20 días naturais. Remata o prazo o 5 de Agosto de 2009.

Pagamento de taxas: Estarán exentos do pagamento das taxas as persoas con minusvaía igual ou superior ao 33%, e persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoria especial. No caso da categoria xeral, terá unha bonificación do 50%. O pago das citadas taxas poderá facerse dos seguintes xeitos:


 Pagamento presencial. Imprimindo o documento de pagamento unha vez que está cuberto e logo realizar o ingreso en calquera entidade financeira colaboradora.

 Pagamento telemático. Sen certificación dixital, introducindo os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento telemático, obtendo nese intre o xustificante 730. Con certificación dixital, con cargo á conta do titular do certificado dende a opción de pagamento telemático, obtendo nese intre o xustificante 730.