Elección destino prevista: 5 de marzo, ás 10:30h no salón pequeno de San Caetano

A CIG-Autonómica vén de se dirixir á Dirección Xeral da Función Pública, en relación coa elección de destino dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no subgrupo A2 da Admón. xeral (OEP 2009), convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG nº 142 do 26/07/2011).

Por parte da Administración vén de se anunciar que ao longo do día de hoxe anunciaranse na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública os postos que se ofertarán na elección de destino dos aspirantes que superaron este o proceso selectivo. 

Logo de comprobar que na listaxe provisional non constaban todos os postos vacantes, a CIG demanda que se lles oferten aos aspirantes  que superaron o proceso selectivo mencionado todos os postos vacantes que pasasen polo concurso para dar unha toma de posesión definitiva; e, subsidiariamente, no caso de que número de postos vacantes que pasasen por concurso fose inferior ao número de aspirantes convocados para elixir destino, que se lles oferten todos os postos vacantes (aínda que non pasasen por concurso) coa condición de destino provisional.