A Administración vén de achegarnos a relación de postos vacantes ofertadas no concurso de traslados para o persoal laboral das categorías I-006, II-002, II-006, II-017(*), III-063 e IV-016 que quedaron desertos na 1ª fase e na fase de resultas do concurso.

Os ditos postos seran ofertados con carácter de destino definitivo ao persoal que superou os procesos selectivos derivados da última OEP e que se atopa en destino provisional.

Podedes achegarnos as vosas consideracións a través do enderezo autonomica@cigadmon.gal antes do 6 de marzo.

Descargar a relación de vacantes das categorías I-006, II-002, II-006, II-017, III-063 e IV-016

(*) Con relación ao cadro de prazasdo grupo II-017, os postos núms. 14 e 26 códigos TR.C99.10.000.15001.856 e TR.C99.10.000.27001.816 respectivamente, se exclúen do listado por estar proposta a súa amortización. Pola contra, engádese o posto EDC994070115001001 que por erro non se incluía no listado.