Para a primeira rolda de categorías de persoal laboral pendente de toma de posesión definitiva (I-006, II-002, II-006, II-017, III-063 e IV-016) Función Pública xa colgou no seu web as listaxes defintivas, así como as datas previstas para o acto de elección de destino, tanto para acceso libre como para promoción interna:

  • I-006, , II-006, II-017,: 21 de marzo

  • II-002,  III-063 e IV-016: 20 de marzo

No caso das últimas categorías das cales nos remitiron as listaxes (IV-003, IV-009 e IV-035), está previsto que o acto de elección poida realizarse tamén antes da semana santa. Do resto de categorías que faltan por remitir as listaxes de vacantes para elección de destino, os actos de eleccións faríanse con posterioridade. En calquera caso, agárdase que a partir de mediados-finais de abril poda abrirse o prazo para a toma de posesión tanto deste persoal como do que concursou.