O 5 de marzo tivo lugar o acto de elección de destino das persoas que superaron este proceso selectivo. Agora publícanse no DOG do 19/03/2013 dúas renuncias e desígnanse, no seu lugar, as dúas seguintes na listaxe correlativa de puntuación. A pesar da renuncia, non estaba claro que se fixera finalmente esta designación xa que as bases da convocatoria no punto II.2 recollen tan só a posibilidade e non a obriga.

Xa que logo, achéganos a Administración a relación de postos vacantes que resultaron sen escoller no acto anterior e que ofertará a estas dúas persoas nun vindeiro acto de elección de destino con data aínda por confirmar. Descargar.