Mentres para os concursos o director xeral de Función Pública facilita información de datas concretas, para os procesos selectivos pendentes só fala de que a partir do 15 de abril achegará un novo cronograma. O que si aclara é a prioridade no desenvolvemento das convocatorias: primeiro as de persoal funcionario-acceso libre, despois as de persoal funcionario-promoción interna e finalmente a consolidación de persoal laboral.

Con relación ao proceso de funcionarización só aclarou que seguirían o "modelo do Estado" pero non deu datas.