O 6 de maio de 2013 a empresa pública SEAGA ven de publicar na súa web unha resolución pola que se convoca á realización das probas de aptitude física "Field-Test" ao persoal da empresa adscrito a tarefas de prevención, vixilancia e defensa contra incendios forestais en época de alto risco.

Esta proba, que terá a cualificación de APTO/NON APTO, consistirá en camiñar 3.200 metros sobre terreo plano cun peso de 11 Kgs. ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos, e a súa superación será requisito necesario para a realización de aqueles traballos relacionados coas actividades de prevención, defensa e extinción de incendios forestais na campaña 2013.

A citada proba celebrarase o vindeiro día 15 de maio de 2013 no Estadio Multiusos de San Lázaro, Avda. de Fernando Casas Novoa, 20 - Santiago de Compostela. Para facilitar unha mellor difusión entre os traballadores/as, a empresa remitiralles unha carta certificada na que se especificará a data, lugar e hora da celebración da proba.

Mentras tanto seguimos coa dispersión do dispositivo. No canto de contratar todo o persoal a través das listas de substitución da Xunta para o persoal do SPDCIF, seguen a contratar por SEAGA, por empresa privadas como NATUTECNIA, e este ano voltamos tamén as vellas "brigadas dos concello", para favorecer favorecer o pago de favores políticos.