No DOG do 08/09/2009 foron publicados diversos acordos dos tribunais cualificadores dos procesos selectivos de acceso a varios corpos xerais de persoal funcionario da Xunta de Galicia. Máis en concreto, este martes foron dadas a coñecer con carácter oficial as datas, o lugar e as notas de corte da realización do 1º exercicio dos grupos A2 e C1 (consolidación e libre). Mántéñense as datas previstas que viñamos coñecendo meses atrás, o lugar e máis as indicacións xenéricas habituais para este tipo de exercicios. O máis salientable desta publicación ven ser o coñecemento das nota de corte con anterioridade á realización dos exercicios, o que garantizará unha maior transparencia.


A2
C1
C1 (consolidación)
Día e  Hora
13 de setembro
10:00
20 de setembro
10:30
19 de setembro
10:30
Lugar*
Pavillón 1
Pavillón 1 e 2
Pavillón 1
Nota de corte**
300
500
400

*Recinto Feiral de Silleda
**Pasarán as persoas aspirantes que queden clasificadas dentro destas posicións.