O venres, 14 de xuño, tivo lugar unha xuntanza para estudiar as alegacións as convocatorias dos procesos selectivos de corpos especiais de Arquitectos/as, Enx. Industriais, Enx. Téc. industriais, Axudantes de arquivos, Biólogos/as, Subinspección de consumo e Inspección urbanística.

Os puntos principais a destacar son:

BASES:

- Aceptaron a alegación de incrementar as prazas adicadas a promoción interna do 25% ao 50%.
- Aceptaron o da promoción reciproca entre arquitectos/as técnicos/as e Inspección urbanística.
- En Consumo vanlle dar máis tempo ao exame práctico (2 horas e media)
- Rexeitaron o resto das alegacións, en especial dou lugar a debate:

 

  • A problemática da titulación dos Enxeñeiros/as Industriais (master).
  • A separación de nota da quenda de promoción interna.
  • Pouca especificidade na fase de consolidación.
  • Puntuación igual por servizos prestados en calquera Administración pública europea (directiva Pivot da Unión Europea con sentenzas a favor). Ábrese a man a un peligroso campo de puntuación de servizos prestados en empresas  privadas que contraten coa Administración.
  • Puntuación igual independentemente da relación contractual na que se atope a traballadora ou traballador público (persoal interino, estatutario, laboral) e independentemente de se xerou praza en RPT ou non.


TEMARIOS:

- Atenden varias reclamación nas escalas de arquitectos/as (cambia bastante xa que estaba moi obsoleto), biólogos/as  e arquivos (reducen o número te temas e refunden outros).
- Arranxase a mención errónea á antiga Lei de Contratos.

En breve enviarán a convocatoria para a Mesa Xeral da semana que vén, e mandarán tamén os temarios revisados e destacarán o pouco que cambian nas bases respecto aos borradores inciais.