Achegounos a Administración unha convocatoria ordinaria de Mesa Xeral de Empregados Públicos para o martes, 18 de xuño, ás 11:00h na EGAP. Á dita Mesa levaránse primeiras convocatorias de procesos selectivos de varias escalas e máis a RPT da Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística que quedará adiada dunha Mesa anterior. 

Xunto coa convocatoria, achégannos os borradores das convocatorias revisados na xuntanza do pasado venres, 14 de xuño, onde se aprecian poucos cambios respecto aos orxinais. Trátase dos seguintes procesos selectivos:

  • Do subgrupo A1, libre, escala de inspección urbanística.
  • Do subgrupo A1, libre escalas: enxeñeiros/as industriais, arquitectos/as e biólogos/as
  • Do subgrupo A1, consolidación escalas: enxeñeiros/as industriais, e biólogos/as
  • Do subgrupo A2, libre escalas: enxeñeiros/as técnicos/As industriais,axudantes de aquivos bibliotecas e museos especialidade arquivos
  • Do subgrupo A2, consolidación escalas: enxeñeiros/as técnicos/as industriais,axudantes de aquivos bibliotecas e museos especialidade arquivos
  • Do subgrupo C1, libre escala: subinspección consumo