Inicio
Xoves, 31 Outubro 2024

A CIG acada o compromiso da Consellería do Mar para a avaliación de riscos laborais por posto do Servizo de Gardacostas de Galiza

Na reunión de Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería do Mar deste pasado luns 28 de Outubro, a vicesecretaria xeral da Consellería confirmounos que no ano 2025 realizaranse as avaliacións de riscos laborais nos postos de patrón, mecánico e axente do Servizo de Gardacostas de Galiza.

Esta era unha reivindicación da CIG dende hai moito tempo xa que estamos diante dun colectivo susceptíbel de accidentes laborais con resultado de baixa e baixas derivadas de doenzas crónicas ...


Xoves, 31 Outubro 2024

Por qué pensa a Xunta que o persoal docente sabe cales son as funcións do persoal de cociña e limpeza?

No DOG do 30/10/2024 sae publicada a Resolución pola que se nomea ao tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de  persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña e OHH SORPRESA, todos/as os/as membros menos 1 do tribunal titular son persoal docente e no tribunal suplente, dous dos seus 5 membros tamén o son.Creo que A Xunta aínda non se decatou de que este persoal xa non presta os seus servizos unicamente en ...


Mércores, 30 Outubro 2024

Persoal funcionario do SPIF: outro mes máis, e xa van 6, sen cobrar o traballo realizado en domingos e festivos

O do cobro, ou mellor dito non cobro, de conceptos nas nóminas do persoal bombeiro/a forestal e vixilante/emisorista do servizo de incendios é o conto de nunca acabar.

Por se xa fora pouco cos problemas que se sofren co cobro da nocturnidade, súmase tamén a falta de pago do traballo realizado en domingos e festivos.

Dende a CIG consideramos que se está a desprezar ao persoal que traballa no servizo de incendios. Non só porque non cobran o traballo realizado en quenda nocturna e en ...


Luns, 28 Outubro 2024

O Consorcio dá plantón á autoridade laboral

A Inspección de Traballo e Seguridade Social citou nas súas dependencias da Coruña ao Consorcio e ás representantes do persoal por mor dunha denuncia da CIG.

Denunciamos que non se nos avisara da planificación das avaliacións dos centros, tanto psicosociais como do resto das visitas.

Dende a CIG denunciamos tamén ao Consorcio por non aplicar as medidas correctoras para minimizar os riscos psicosociais que se padecen nas escolas infantís. Estás medidas correctoras acordáronse no grupo de ...


Luns, 21 Outubro 2024

Reiteración de solicitude de reunión coa conselleira do Medio Rural

O pasado 9 de maio de 2024 a CIG solicitou unha reunión coa conselleira do Medio Rural. Nesa solicitude pedíase manter unha reunión de xeito urxente para tratar varios compromisos acadados polo goberno galego que de seguido se enumeran.

  • Redacción do regulamento de funcións da nova escala de Axente Técnico en Xestión Ambiental.
  • Grupo B. No momento que se chegara ao 40% de axentes que tiveran a titulación de acceso se convocaría un proceso para acceder o grupo B, tal e como recolle o Acordo ...

  • Luns, 21 Outubro 2024

    Vergoña en Política Social: residencias privadas, un inferno para os nosos maiores

    Un novo escándalo sacude o sistema de residencias privadas de maiores da Xunta de Galiza que, a través da Consellería de Política Social, mantén aberta e financia unha residencia de maiores sancionada por maltrato e neglixencias.

    A recente confirmación xudicial das sancións impostas á residencia “Nuestra Señora de Fátima” do Barco de Valdeorras por maltrato e neglixencias puxeron ao descuberto unha grave crise no sistema de protección ás persoas maiores en Galiza. A decisión da Xunta de ...


    Venres, 18 Outubro 2024

    As mesas de «negociación» coa Xunta: o maior espectáculo do mundo. Pasen e entretéñanse!

    MESA PREVIA E MESA XERAL DE EMPREGADAS PÚBLICAS DO 15/10/2024. COMISIÓN DE PERSOAL E MESA XERAL DE EMPREGADAS PÚBLICAS DO 16/10/2024

    Señoras, señores, pasen e vexan! O maior espectáculo do mundo… está en San Caetano e é de balde, aínda que de entretido ten ben pouco… 

    Nun novo alarde de hipocresía e desvergoña inadmisíbeis, propios de sistemas de ultradereita, que dinamitan calquera posibilidade de albiscar ese fenómeno estraño que, para eles e elas, é a BOA FE NEGOCIAL, dende a ...


    Xoves, 17 Outubro 2024

    Solventar agravios na creación de escalas para a funcionarización

    Aproveitando a negociación do proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas onde se poden crear ou modificar as escalas, facémoslle constar que o grupo III-99 foi castigado cunha degradación no proceso de funcionarización, creando unha escala no subgrupo C2.

    Demandamos a creación da escala no subgrupo C1, para acoller ás persoas do grupo III-99 que se funcionaricen e para que o persoal do grupo IV-004, ao funcionarizarse, poida ter un itinerario profesional para poder realizar a ...


    Xoves, 17 Outubro 2024

    Concursos de traslados e procesos selectivos... seguen traballando (sic)!

    Nas mesas xerais que se celebraron estes días insistimos no que preguntamos na anterior Comisión de Persoal do 19/09/24: cal é a situación de TODOS os concursos de traslados convocados (listados provisionais de admitidos, elección de postos, toma de posesión), e dos NON CONVOCADOS (cando pensan comezar as negociacións, cando convocan, etc...)?

    Facemos constar que neste momento hai convocados 6 concursos e queremos coñecer en que estado están:

    F0424 - CONCURSO DE ADMINISTRACIÓN XERAL ...


    Xoves, 17 Outubro 2024

    Entrou VOX na Xunta? A deriva ideolóxica en materia de Emprego Público

    Na produtiva mesa xeral do día 15/10/2024 agromaron unha serie modificacións normativas que parecen ditadas pola ultradereita unhas e pola facción da boina outras, pero todas cunhas marcadas connotacións ideolóxicas e políticas.

     

    Os homes por riba, por suposto...

    En algo tan sinxelo como unha modificación do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira relativa ás comisións de valoración dos concursos ordinarios introducen unha CLÁUSULA IDEOLÓXICA, que ...


    Xoves, 17 Outubro 2024

    Para que vale a titulación de Educación Social segundo a Xunta?

    Parece de sentido común que cando unha escala coincide no seu nome e funcións cunha titulación académica, esta sexa a titulación que se esixa para acceder á escala. Pero para a Xunta, a escala de Educación Social, pode ser un caixón desastre onde caiban moitas titulacións. Por iso na Mesa Xeral do 15/10/2024 tráennos unha modificación sobre as titulacións para a escala de Educación Social que consiste engadir o título de “graduado/a” en Educación Social (por certo, só en masculino).

    Dende ...


    Tras unha detallada xustificación en base a procesos selectivos rematados e concursos pendentes,a proposta final é a de amortizar 2 postos de xefaturas de servizo e 1 posto base C2. De novo, comprobamos como vía constrición orzamentaria limítase o gasto para postos de emprego público e se obriga a súa amortización pero non se amortizan os gastos en asistencias técnicas ou outras cuestións como a publicidade institucional.

    A xuntanza terá lugar o  martes, 21 de maio na sede da APLU. Podedes achegarnos as vosas consideracións a autonomica@cigadmon.gal.